Rede de Micropaisaxes

Parque Profesor Río Barja

Parque Profesor Río Barja

Descrición

En pleno núcleo de Meira, atravesado polo río Miño, atopamos este fermoso parque adicado con agarimo ao xeógrafo e profesor Francisco Javier Río Barja. Cunha coidada arboleda na que abundan carballos, castiñeiros, nogueiras ou bidueiros, conta cun par de hórreos, a recreación en miniatura dun dólmen, unha pasarela de madeira sobre o río, e, un gran mosaico que representa ao rosetón da igrexa e o escudo de Meira, etc. Tamén un muíño restaurado e que funciona como restaurante e cafetería. á outra beira da estrada, podemos seguir o paseo do río, no que non é raro ver ás troitas saltar unha pequena represa.

Localización

Accédese dende o centro da vila pola rúa da Balsa. Tamén dende a estrada nacional N-640 a carón da ponte, e mesmo dende a área recreativa "Profesor Río Barja".