Rede de Micropaisaxes

Capela de San Lourenzo de Penamaior

Capela de San Lourenzo de Penamaior

Ermida próxima ao Santuario de Penamaior

Descrición

Na parroquia de Penamaior, un tanto retirada da estrada e semioculta ao fondo dun prado, atopamos esta pequena e sinxela ermida. Catro paredes, unha cuberta de lousa e unha cruz de madeira, cun muro a base de pequenas pedras, forman este interesante conxunto. Complétano un acivro e un carballo. Está próxima ao Santuario de Penamaior.

Localización

Dende O Cereixal, na saida da autovía, cóllese a estrada de montaña LU P-0704 durante algo menos de 3 Km, e a man dereita localizase a capela.