Rede de Micropaisaxes

Capela de San Antonio de Castrolanzán

Capela de San Antonio de Castrolanzán

Pequena capela con encanto 

Descrición

Unha pequena capela que conforma unha imaxe moi agradable co bosque detrás. Éntrase a ela por un pequeno portal que servía de refuxio de fieis e viaxeiros. Como moitas de Ancares Terras de Burón dende o portal pódese ver o retablo interior, a través dunhas ventás situadas a ambos lados da porta que acostuman a ter unha reixa de madeira.

Localización

Atópase no lugar de Castrolanzán, a 5 km da saida da autovía A6, en A Condomiña tómase o desvío á dereita pola LU P-0508 e ó pasar Castrolanzán está a capela a man esquerda.