Rede de Micropaisaxes

Teixos milenarios de Carballido

Teixos milenarios de Carballido

Descrición

Na contorna da igrexa parroquial de Carballido atopamos varios exemplares de teixo común ou teixo negro (taxus baccata) de gran porte. Algúns din que son milenarios, en todo caso son exemplares de gran valor e que compoñen unha vela imaxe coa igrexa á que acompañan. Pobra da súa importancia é que figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Localización

Dende a vila de A Fonsagrada colleremos a LU-530 dirección Lugo 400 m. Logo desviaremonos á dereita pola LU-740 dirección Vilardíaz pola que iremos 17,50 km ata chegar o pobo de Vilardíaz, onde tomaremos o desvío a esquerda hacia Carballido pola LU-1905 outros 8,9 km ata a igrexa de Carballido.