Rede de Micropaisaxes

Capela da Fornaza

Capela da Fornaza

Descrición

Situada nun alto promontorio sobre o río Navia, esta pequena capela destaca polas súas brancas paredes, ao fondo dunha pequena aldea semiabandonada, con varias casas e un hórreo en ruínas. Esta zona está ligada á explotación dos diversos minerais que abundan no subsolo, como o demostran os restos dun forno de fundición e a acumulación de escorias de fundición, preto da igrexa. A capela compón unha fermosa imaxe coa aciñeira ao seu lado, recortándose ambas contra o ceo.

Localización

Dende a vila de A Fonsagrada, tomamos a LU-740 en dirección Vilardíaz, e antes de Cabreira (Pk 9), collemos a CP-19-08, en dirección a Liñares de Bidul. Pasado este pobo (Pk 10) tomamos o desvío á esquerda (CP-19-10). Pasaremos por Vilar da Cuíñae chegaremos á Fornaza.