Rede de Micropaisaxes

Muíño de Seira

Muíño de Seira

Descrición

É un pequeno muíño de rodicio, ó que se chega por un curto paseo de laxas de pedra, podemos acceder ao bordo do regato e ver o "inferno" ou espazo que ocupa a roda motriz. O conxunto que forman muíño, río, pedras e bosque é moi atractivo.

Localización

Accédese dende a estrada de Seira, tomando á dereita en dirección á Virxe da Veiga, pasando o regato en pronunciada curva, un pouco máis adiante á dereita está o acceso que está ben habilitado cun paseo de laxas de pedra.