Rede de Micropaisaxes

Área recreativa A Cortevella

Área recreativa A Cortevella

Descrición

Trátase dunha ampla área recreativa, ben equipada e ben conservada, poboada de grandes carballos e, maiormente de castiñeiros. Está atravesada polo río Eo, xa que estamos moi preto do seu nacemento, en Fonteo, e forma un amplo meandro ao carón do que se conserva un antigo muíño. Ten moitos lugares interesantes para descansar, merendar, facer fotos, pasear, etc.

Localización

Atópase a uns 20 km do Cádavo e accédese seguindo a LU-750, dirección Meira, para tomar un desvío á dereita na altura da Muiña. Dende alí seguimos a LU P-5401 ata pasar o lugar de Martín. Á dereita seguimos pola CP-5403 ata chegar á zona.